miércoles, 6 de abril de 2011

SUSPENDEN DE EMPLEO Y SUELDO A LA DRA. DE LA UMAD


Nota informativa: Decreto da Alcaldía 06/04/2011

A partir da información publicada o pasado día 1 de abril referida a posibles irregularidades cometidas pola directora da UMAD no exercicio do seu cargo, faise constar o seguinte:

1.- Dona Pilar Bermejo González desempeña o posto de psicóloga na UMAD desde a súa creación, no ano 1986, inicialmente como contratada temporal e con posterioridade cunha contratación laboral indefinida ata o 30 de outubro de 1989, data na que cesa para desempeñar o posto de directora da UMAD que obtén mediante concurso.

2.- O propio día 1 de abril, por parte da Alcaldía encárgase á Secretaría Xeral do Concello a realización dunha información reservada con carácter de urxencia co fin de avaliar a veracidade ou non dos datos publicados. Asemade, con carácter cautelar, dáse orde de paralizar inmediatamente todos os contratos en curso referidos á empresa Chisem, que eran dous, así como calquera pago que puidera estar pendente.

3.- No día de hoxe, 6 de abril, ás 11.00 horas, a Secretaría Xeral do Concello entrega na Alcaldía o informe reservado sobre a veracidade das noticias publicadas. Como consecuencia do contido do informe a Alcaldía, no día hoxe ás 12.00 horas, dita un decreto no que se resolve:

• A incoación de expediente disciplinario á traballadora Dona Pilar Bermejo González para o esclarecemento dos feitos, a determinación das presuntas irregularidades que puideran derivarse e a proposta de sancións que fosen de aplicación no seu caso.

• Nomear como instrutora do expediente á funcionaria de carreira xefa do servizo de Persoal do Concello.

• Diante da gravidade dos feitos denunciados e tendo en conta o contido do informe reservado emitido polo secretario xeral e ao abeiro do artigo 45.1. h do Estatuto dos Traballadores, suspender provisionalmente de emprego e soldo á traballadora Dona Pilar Bermejo González dende a data de notificación da resolución.

• Que asumirá directamente as funcións de directora da UMAD a xefa de servizo de Servizos Sociais.

4.- As anteriores medidas adóptanse sen prexuízo da presunción de inocencia, como consideración básica e previa, nin das responsabilidades que se puideran derivar en outros ámbitos xurisdicionais.

5.- O Concello quere manifestar e deixar claro o absoluto recoñecemento e respecto polo excepcional labor profesional desenvolvido por todos os traballadores da UMAD que debe ser preservado a toda costa.


Fuente:http://www.santiagodecompostela.org

BUGALLO EXPULSA AL PP DEL PLENO

EL ESCÁNDALO DE INCOLSA