A presidenta da Federación de Empresarias de Galicia advirte que "sería unha catástrofe económica" que a muller deixara o seu traballo para dedicar tempo o coidado do fogar tal e como apoia a metade dos españois, mentres que para a escritora Carmen Blanco esa non sería a solución ó problema
GALICIA HOXE (14/10/2010)
Non acaba de callar a concepción de igualdade de xénero e en épocas de crise aflora de novo a desvalorización da muller no ámbito laboral. Así o manifesta o último barómetro do CIS, onde case a metade dos españois cre que a muller é a que debe reducir a súa xornada para dedicar tempo ó coidado do fogar. Un dato alarmante que enfada a presidente da Federación de Empresarias de Galicia, Irene Bonet. "É un retroceso total para a muller. A verdade é que non me esperaba que houbera tanta xente que pensara así. Soprendeume moito, crin que había esquemas que xa estaban superados", destaca. Bonet advirte que se agora todas as mulleres que teñen empresas con xente asalariada pechan e marchan para casa "sería catastrófico" e a economía nacional íase resentir.
O lóxico, apunta a presidenta das Empresarias galega, é que "todo o mundo arrime o ombreiro para que a muller poida formarse e saír da casa". Bonet vai máis alá e asegura que en canto a evolución social esto é un retroceso mental por iso, puntualiza, que habería que ver en que estractos sociais se dá esa forma de pensar.
No ámbito político tamén sorprendeu o barómetro do CIS. Paula Prado, secretaria de políticas de Igualdade do PPdeG considera que a muller deixara o seu traballo "sería o último". "Todas as persoas, muller ou home teñen que desenvolver a súa tarefa vital. Co que lles costou ás mulleres acceder ó mercado laboral sería un paso atrás pretender que deixaran a súa profesión para volver a casa a coidar da familia", afirma.
Por outra banda a "popular" lembra que as cuestións de xénero son un "proceso de socialización" no que inflúen tres factores: familia, medios e na escola e é nesta última "onde hai que inidicir". Ademais explica que as políticas socialistas dos últimos anos "non teñen a incidencia que deberían ter neste proceso de socialización". Prado denuncia que as políticas do ministerio de Igualdade non están dando resultados. "Hai moito por facer".
Pola súa banda Silvia Fraga, portavoz de Igualdade e Mocidade do PSdeG, pide que se apoie a conciliación e a corresponsabilidade entre a parella. O que non é xusto é que ningunha das dúas teña que renunciar a súa vida persoal pola profesional ou ó revés. Sería volver un século para atrás, asegura Fraga. "É un formulamento regresivo", afirma. Considera, ademais que é "inxusto" que a muller se vexa obrigada a renunciar a unha das facetas da súa vida. Ademais a representante dos socialistas galegos explica que hai unha corrente "ultraconservadora" que anima este tipo de pensamento en Galicia. "É moito o traballo de concienciación feito ata o de agora e estaba calando na sociedade pero logo chegan estes hooligans do machismo e animan estes pensamentos".
Para Ana Pontón, portavoz de políticas de Igualdade do BNG, a enquisa do CIS pon de manifesto que os roles tradicionais aínda están moi presente na sociedade e existen "valores claramente machistas". Considera que a administración pública teñen que facer un esforzo polo coidado e a reprodución para evitar que a muller se vexa na tesitura de ter que elixir xa que isto "viola o principio de igualdade". Pontón cre que, tanto as medidas da Xunta de Galicia, como as do goberno central, non funcionanan polo que demanda que sexan reformuladas e ademais de educar en valores tamén pide "medidas prácticas"
No ámbito cultura os datos do CIS tamén sorprenderon. De feito a escritora feminista Carmen Blanco asegura que "esa non é a solución a ningún problema". "As mulleres teñen que procurar a súa independencia económica primeiro e logo realizar as súas vocacións, sexan cales sexan e se é a de estar na casa tamén", reflexiona. "A independencia económica é fundamental para a autoafirmación da persoas e para lograr a súa liberdade".