lunes, 4 de octubre de 2010
O PPdeG insta a Cultura a recoñecer de forma especial a figura de Asorey en 2011 polos 50 anos do seu pasamento.
As parlamentarias de Cambados e Santiago, lugares de nacemento e falecemento do escultor, entrevistáronse para tal fin co conselleiro, que acolleu con interese a proposta e amosou a súa disposición a apoiala
As deputadas do Grupo Popular Rosa Oubiña e Paula Prado trasladáronlle ao conselleiro de Cultura unha proposta conxunta para que o seu Departamento programe en 2011 iniciativas encamiñadas a ensalzar a figura de Asorey, coincidindo co 50 aniversario do seu pasamento. As parlamentarias de Cambados e Santiago, lugares de nacemento e falecemento do escultor, entrevistáronse para tal fin co conselleiro, que acolleu con interese a proposta e amosou a súa disposición a apoiala.
Nado en 1889 en Cambados, onde se atopa a súa casa natal, e falecido en Santiago en 1961, Francisco Asorey é coñecido como unha das figuras máis relevantes da arte escultórica do Século XX e deixou un importante legado non só en Galicia, senón tamén en españa e Hispanoamérica.
As deputadas populares resaltan o papel de Asorey como impulsor e revitalizador da escultura galega durante as primeiras décadas do pasado século, polo que consideran de interese impulsar iniciativas para recoñecer a súa figura e a súa obra.
Nese sentido, Oubiña e Prado plantexáronlle tamén ao conselleiro a posibilidade de que a obra e o legado do escultor teñan presencia na Cidade da Cultura.
Etiquetas:
Asorey,
ciudad de la cultura,
Cultura,
Parlamento,
pp,
santiago