domingo, 9 de octubre de 2011

100 DÍAS DE GOBERNO POPULAR EN SANTIAGO






Prado di que o novo goberno atopouse con facturas «por cousas que non se fixeron»
En materia de persoal e réxime interior apuntou un aforro do 30% no parque móbil, uns 120.000 euros





Superados os 100 días de xestión do novo Goberno local, a concelleira Paula Prado fixo balance das medidas adoptadas neste tempo. Á marxe destas, insistiu nos principios "austeridade e control do gasto" que marcarán esta lexislatura.Falando desa austeridade precisamente, a edil recordou a redución dun 30% en asesores e do 17% en dedicacións exclusivas. Isto, dixo, "permitirá aforrar uns dous millóns de euros en catro anos".No eido do control de gasto referiuse á obriga de que todos os gastos sexan autorizados expresamente pola Concellería de Facenda. Ademais, estase a proceder a axustes en todas as Concellerías e impúxose a necesidade de rebaixar nas partidas un mínimo do 50% os gastos "innecesarios". Puxo como exemplo disto a rebaixa a partida de 500.000 euros destinada a gastos de protocolo do alcalde, que considerou "excesiva". Paula Prado comentou tamén o esforzo que está a realizar o Goberno municipal por reducir o tempo de espera para pagar aos provedores, que está actualmente nos 122 días.En materia de persoal e réxime interior, apuntou tamén o aforro do 30% no parque móbil, uns 120.000 euros, así como a redución das cantidades a pagar nos seguros dos vehículos. Outra diminución, de 43.000 euros, produciuse en materia de alugueres de locais.Ademais, estase a elaborar unha nova relación de postos de traballo.


Dinamización turística e comercial


Outra das áreas que analizou a concelleira foi a de Turismo, onde destacou a eliminación da dieta de 100 euros ao día que recibía o persoal nas súas viaxes, que contaban con todos os gastos pagados. Outra medida deste departamento foi o incremento do 27% ao 50% dos ingresos percibidos polo canon do tren turístico. Referiuse igualmente ao grupo de traballo creado con comerciantes, hostaleiros e AENA para "dinamizar o turismo en Santiago, unha actividade que supón o 25% da actividade económica da cidade".No ámbito da mesma concellería, pero neste caso da área de comercio, salientou o desenvolvemento do comercio de proximidade, a recente feira medieval ou as negociacións para o traslado do mercado de gando de Amio. Sobre este asunto, indicou que o Goberno municipal "decidiu afrontar o problema e intentamos resolvelo".


Conciliación e programación cultural


A edil tamén falou de educación, apuntando a decisión de asumir a xestión dos comedores escolares, a aposta pola conciliación da vida familiar e laboral ou a potenciación das ensinanzas musicais. E en materia de cultura, destacou a renovación do Consello Reitor do Auditorio, a designación do novo xerente do mesmo e a programación que dende este órgano se está a elaborar.


Loita contra o consumo de alcohol por menores


Nestes 100 primeiros días foi tamén efectiva a decisión do Goberno local de combater o consumo de alcohol na vía pública e, especialmente, entre os menores. Durante este período producíronse 62 denuncias por ruídos en pisos (16 delas tramitadas), oito por ruídos na vía pública; dúas por incumprimento de horarios en locais; 24 por orinar na vía pública e 98 por consumo de alcohol na vía pública, das cales 27 afectaban a menores. Tamén se referiu neste punto ao plan de prevención do consumo de alcohol por menores que están a elaborar os técnicos da UMAD.


Medidas pola mobilidade


No eido da mobilidade, a edil aludiu ás medidas adoptadas para mellorar a circulación na rotonda de Conxo e a saída da AP-9 por San Lázaro, a creación do servizo para autocaravanas en Salgueiriños, as melloras na sinalización, os cambios de sentido dalgunhas rúas, e o incremento de paradas de autobús ou modificación da situación doutras xa existentes.


Atención ao rural


A nova Concellería de Medio Rural supuxo por si mesma a creación dun interlocutor para as demandas dos veciños do rural. Ademais, xa se puxeron en marcha as primeiras medidas, como o servizo de limpeza das cunetas, ademais de axilizar os servizos de abastecemento, saneamento e alumeado para atender as demandas máis urxentes.


Sen duplicidades nos centros socioculturais


Respecto á area de participación cidadá e centros socioculturais, a edil destacou que o principal principio da súa xestión foi "evitar duplicidades". O departamento traballa na "redución dos custos de mantemento dos centros, pero sen prescindir dos servizos". Exemplificouno no traslado da asociación veciñal de Guadalupe do seu local en aluguer ao centro sociocultural de Vite.


Peche do vertedoiro de Aríns


En medio ambiente, Prado recordou o peche do vertedoiro de Aríns. Neste punto reiterou a aposta por demoler a Casa da Xuventude. "Cremos que se pode financiar dentro do Urbana Santiago Norte no marco dun programa de mobilidade e de mellora dos accesos ao parque de Belvís", indicou.


Esforzo por crear emprego


O balance tamén fixo referencia á area de emprego e ao seu esforzo por "dinamizar a creación de emprego". Nesta liña están os cursos de formación postos en marcha ou a próxima Feira Internacional de Emprego, que xa conta con máis de 500 inscritos. Ademais, continúa a deseñarse a Axencia Local de Colocación, co obxectivo de "reducir o desemprego, especialmente entre os mozos e as mulleres".Finalmente, xa a modo de criterios xerais de actuación, afirmou que o Goberno ten adoptado "algo tan simple como o principio de coordinación administrativa". Nos mesmos termos falou do "respecto ao principio de legalidade". Neste sentido, indicou que se "acabaron os modificados nos contratos". Fuente: El Correo Gallego

BUGALLO EXPULSA AL PP DEL PLENO

EL ESCÁNDALO DE INCOLSA