viernes, 23 de marzo de 2012

A Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego de Cooperación reuniuse en Santiago



Santiago de Compostela acolleu unha das seis xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade convocou para este semestre. O Concello, socio da entidade, foi o anfitrión deste encontro que reúne o persoal técnico das Administracións asociadas para dar conta dos proxectos apoiados en países do Sur e amosarlles as actividades de sensibilización que poderán implementar ao longo de 2012.

A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, presidiu esta reunión, celebrada no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Paula Prado destacou que o Fondo danos a oportunidade de que as aportacións e os esforzos institucionais en Cooperación poidan transformarse en actuacións que, en moitos casos de maneira individual, non se poderían levar a cabo. Aínda sendo ás veces modestas en termos relativos as aportacións ao Fondo, houbo casos que a Administración correspondente non respetou o seu compromiso; concretamente o Concello de Santiago, co goberno anterior (PSOE-BNG) non pagou as cuotas dos anos 2010 e 2011; e cando chegou o Partido Popular ao goberno municipal, en xullo de 2011, tampouco pudo aboar dita cuota xa que non estaba nin tan siquera orzamentada.

Dende o goberno municipal non queremos renunciar á solidaridade internacional pero sin perder de vista a solidariedade máis cercana, xa que hoxe nos atopamos con moitas persoas en situación de extrema precariedade na nosa cidade, son moitos os veciños e veciñas de Compostela os que o están a pasar mal e hoxe esa é a nosa prioridade:

Hoxe non podemos consentir que haxa nenos e nenas en Compostela que estean a pasar necesidades porque os seus pais e nais non teñen emprego; tampouco podemos abandoar ás persoas maiores que viven soas e están desatendidas e tamén temos que asisitir a un innumerable número de familias que se quedan sen fogar.

Se a solidariedade é a nosa responsabilidade, debemos traballar para conseguir unha estratexia global ca que poder obter uns resultados positivos que non se vexan afectados en demasía pola situación actual e entre todos ser capaces de perfilar o mellor posible as actuacións a realizar no marco do Plan de Sensibilización 2012.


BUGALLO EXPULSA AL PP DEL PLENO

EL ESCÁNDALO DE INCOLSA