lunes, 21 de noviembre de 2011

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO




Actos programados para a semana do 25 de novembro:


O mesmo Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o venres 25 de novembro, culminará o traballo realizado no programa Esta é a miña man. Co fin de unir os pequenos esforzos de todos para erradicar esta lacra, os escolares de Compostela unirán as pegadas das súas mans no casco histórico, arredor da Catedral, formando un gran camiño de mans. 22 centros escolares e 4.587 alumnos están participando nesta iniciativa, que comezou coa visita dos monitores aos colexios para a elaboración dos patróns das mans.Ese día 25, unha representación de 619 escolares culminará o camiño de mans na praza do Obradoiro.


En torno ás 13:00 horas, gardarase un minuto de silencio en recordo das vítimas da violencia de xénero


o Camiño solidario, unha andaina que se celebrará o sábado 26 de novembro. Partirá dende a praza de Lavacolla ás 10:00 horas, pero os que desexen realizar un percorrido máis curto poderán incorporarse en torno ás 11:30 horas na praza da Fonte (Monte do Gozo).Os camiñantes, que en todo momento estarán acompañados por monitores e por un coche de apoio, chegarán sobre as 12:30 horas á praza do Obradoiro, onde se realizará unha concentración. Unha delegación municipal tamén participará na marcha.

As persoas interesadas deben enviar un correo electrónico á dirección cim@santiagodecompostela.org ou chamar aos teléfonos 981 542 465 ou 608 609 645.

Tamén se convida aos concellos veciños a unirse a esta andaina.

BUGALLO EXPULSA AL PP DEL PLENO

EL ESCÁNDALO DE INCOLSA