Segundo a deputada popular Paula Prado “a Lei 11/2007 , do 27 de xullo, xa crea o Consello, e durante 21 meses o bipartito da Xunta de Galicia foi incapaz de por en marcha as medidas que a Lei contén”.
Na súa intervención fixo referencia a que “nestes momentos que falamos de Igualdade o fago sorprendida e avergoñada porque o Secretario Xeral do PSdG-PSOE aludiu, en varias ocasións e con desprezo á relixión católica para insultar e rirse da Conselleira de Sanidade” e criticou “as súas burlas a liberdade e os dereitos fundamentais con mostras de intransixencia e desprezo”
Segundo a deputada popular “coa súa demagoxia a oposición pretende non falar dos logros da actual Xunta de Galicia” así fixo referencia ao incremento dun 45% dos fondos para o salario da liberdade; o reforzo e apoio aos Centros de Información ás Mulleres que contou na convocatoria do 2010 cun crédito de 3.245.000 euros; as axudas de preto de 600.000 euros ás universidades galegas e centros públicos de investigación ; convocatoria de axudas para apoiar ás mulleres xestantes en risco de exclusión social, cun importe de 120.000 euros; e o programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual, que contan cun orzamento de 334.000 euros.
Paula Prado criticou a “dobre linguaxe” dos partidos da oposición “xa que criticaron a supresión do Servizo Galego de Igualdade e o cualificaron de atentado contra as políticas de Igualdade e , sen embargo, quedaron mudos ante a supresión do Ministerio de Igualdade”. Ao respecto do compromiso deste Ministerio coa Igualdade en Galicia a deputada popular criticou que o goberno de Madrid tan só destina a Galicia para o ano 2011 400.000 euros “cando se dividimos o compromiso dos orzamentos entre o número de Comunidades Autónomas resultarían máis de 5 millóns de euros de media para cada unha”.
A deputada popular sinalou así mesmo na súa intervención que “non teñan dúbida de que a Xunta publicará o Decreto que desenvolva o Consello no que se lles dará entrada a todas as asociacións para ser escoitadas e mentres tanto o PPdeG escoita e toma as decisións que lles afecta de forma consensuada con estas asociacións e non gasta os cartos en grandes romarías femininas en Silleda para que os altos cargos bailen coas mulleres das asociacións”.
A deputada do PPdeG Paula Prado criticou hoxe na sesión plenaria do Parlamento que, no seu afán de atacar á Xunta, os nacionalistas soliciten a creación dun Consello Galego das Mulleres que “xa está creado pola Lei 11/2007, do 27 de xullo, na súa disposición adicional quinta”. Ademais, indicou, a mesma norma prevé a regulación deste órgano mediante un regulamento e non a través doutra Lei polo que considera a petición do BNG de “desculpa para atacar á Xunta en materia de Igualdade e de potenciar o seu argumentario de que son os únicos que defenden as política sociais ademais de tratar de evitar falar do desenrolado pola actual Xunta nesta lexislatura”.
Para Paula Prado “o bipartito na Xunta de Galicia tivo a responsabilidade durante 21 meses de desenrolar e por en marcha as medidas que a Lei contén pero foi incapaz de facelo”. A deputada popular indicou que na actualidade a Xunta está en pleno proceso de reorganización administrativa, dados os numerosos atrancos que o BNG e PSdG-PSOE puxeron no Parlamento, no departamento de Igualdade e polo tanto pendente do decreto de estructura polo que “non parecería razoable elaborar un decreto de desenvolvemento do Consello Galego das Mulleres antes de que se publique este e a relación de postos de traballo adxunta da área da Igualdade xa que a composición deste estará conformado por persoal funcionario do órgano con competencias en materia de igualdade da Xunta”.
Paula Prado considerou que os nacionalistas “non queren falar de Igualdade e o que lles interesa é trasladar un discurso catastrofista, demagóxico e falso co único fin de que mañá saia publicado nos medios de comunicación e que a verdade non lles estrague a noticia”.

BURLAS DO SECRETARIO XERAL DO PSDEG-PSOE